Castellano
English
Ir a Inicio
 
Ir a Área Corporativa
Ir a Consultoría Estratégica y formación
Ir a Tecnología Informática y de Sistemas
Ir a Ingeniería Industrial
Ir a Sistemas de Gestión Empresarial
Ir a Telecomunicaciones
Ir a Delineación y Topografía
Ir a Instalaciones
Ir a Clientes
Ir a Recursos Humanos
Ir a Sala de Prensa
Ir a FAQS
 
Impel entrégase á industria para elevar as súas vendas en Galicia
Diario Expansión. Venres, 17/11/2006
A empresa de enxeñería enerxética e de telecomunicacións persegue que no prazo de dous anos a metade da súa cifra de negocio proceda da comunidade, que actualmente achega só un 10%.

- descargar pdf
A enerxía solar en vivendas pode reducir o gasto nun 30%
El Progreso. 12/11/2006
En vigor dende o pasado mes de setembro, o novo Código Técnico de Edificación (CTE) pode supoñer todo un cambio no uso de enerxías renovables na comunidade.

- descargar pdf
Impel instalará a telefonía, megafonía, datos e fibra óptica da central térmica de As Pontes
10/11/2006
Impel Telecom S.A. resultou adxudicataria, a través da empresa SIEMSA-GALICIA, da instalación dos sistemas de telefonía, megafonía, datos e fibra óptica para a central térmica de ciclo combinado de Endesa, en As Pontes.

Impel encargarase de todo o desenvolvemento da instalación dos distintos sistemas descritos. Na fase inicial do proceso, o equipo humano da compañía realizará o proxecto de execución de enxeñería e posteriormente acometerá a instalación propiamente dita, a certificación e a revisión dos sistemas instalados.

A fase de instalación comezará a mediados do presente mes de novembro, e o prazo de finalización estímase en dous meses.

Coa execución desta obra, Impel reafirma a súa aposta de crecmento na instalación de telecomunicacións, sempre apoiado pola súa experiencia no sector da enxeñería, tanto de telecomunicacións como industriais.

Nova imaxe para Impel
20/10/2006
Dentro da renovación da imaxe corporativa que acometeu a compañía nos últimos meses, Impel estrea a nova web.
Un site renovado, organizado en función da busca de maior operatividade e navegabilidade, onde encontrar información resulte sinxelo e intuitivo, buscando maior interactividade e feedback... unha web ao servizo do/a usuario/a.A partir de agora, Impel ten nova identidade visual tamén en Internet, un cambio lóxico dentro da nosa evolución. A nova imaxe que representa unha filosofía, a solvencia técnica e o compromiso co/a cliente. Apoiada na nosa historia e cunha clara visión de futuro, onde mercado, innovación, resultados, implicación... forman parte do noso instinto tecnolóxico.

A enerxía solar respecto ao CTE, nova xornada técnica de Impel
20/10/2006

Impel organiza unha xornada técnica sobre o novo Código técnico de edificación, por mor de entrar recentemente en vigor. A xornada correrá a cargo do xefe de departamento de Enerxía Solar de Impel, Francisco Martínez, e centrarase en desenvolver o ámbito de aplicación do artigo 15: “Esixencias básicas de aforro de enerxía (HE)”.

O evento terá lugar no Club Financeiro Atlántico (A Coruña), o venres 27 de outubro a partir das 17.00 horas.

 


Acceso Ftp

Webmail

    Simón Bolivar 1-bajo. 15011 A Coruña. España. Telf. +34 981 647 731 // impel@impel.es